O Concello de O Pino celebra a 6ª edición da súa Carreira Pedestre Popular o sábado 9 de maio de 2009 na localidade de Arca – Pedrouzo (N-547 Santiago-Lugo, a 20 km de Santiago de Compostela), baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago).
CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES:
PREBENXAMÍN: atletas nados no 2002 e posteriores
BENXAMÍN: atletas nados no 2000 e 2001
ALEVÍN: atletas nados no 98/99
INFANTIL: atletas nados no 96/97
CADETE: atletas nados no 94/95
XUVENIL: atletas nados no 92/93
O percorrido da carreira seguirá un circuito de 2840 metros a partir da
categoría infantil e cadete.
18:30 h CANICROSS POPULAR (3180 m (1 volta ó circuito grande))
19:00 h PREBENXAMÍNS (500 m)
19:10 h BENXAMÍNS e ALEVÍNS (1930 m (1 volta ó circuito pequeno))
19:30 h INFANTÍS, CADETES e XUVENIL FEMENINO
(3180 m (1 volta ó circuito grande))
20:00 h XUVENIL MASCULINO, JUNIOR, PROMESA, SENIOR e
VETERANAS/OS A/B/C (8860 m (3 voltas ó circuito grande ))
21:15 h ENTREGA DE TROFEOS (CASA DA CULTURA)
As INSCRICIÓNS poderanse facer no Concello de O Pino, Pedrouzo – Arca s/n, 15821 (A Coruña), tf: 981 511002 en horario de 10:00 a 14:00 horas, de luns a venres; ou ben a través do FAX nº 981 511123. Tamén poderán facelo no correo electrónico deportes@concellodeopino.com
(RECOMÉNDASE FACER A INSCRICIÓN A TRAVÉS DE FAX OU CORREO ELECTRÓNICO). Deberán facer constar os seguintes datos na inscrición: nome e apelidos, data de nacemento, localidade de procedencia, clube e nº de licencia federativa (se a ten) e dirección de correo electrónico (se desexa recibir posteriormente as clasificacións da carreira).
No hay comentarios:
Publicar un comentario